Autoavaliación |
Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. Esta actividade de autoavaliación (AV) realizarase durante a fase a distancia. |
20 |
A7
|
B1
|
C6
|
D3
|
Presentación |
Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Esta actividade de presentación (P) realizarase durante a fase presencial. |
30 |
A6 A7 A8 A9
|
B1 B2 B3 B6
|
C6
|
D4
|
Exame de preguntas obxectivas |
Proba que avalía o coñecemento e que inclúe pregunta pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta
de entre un número limitado de posibilidades.
Esta actividade de exame de preguntas de desenvolvemento (E) realizarase durante a fase presencial. |
30 |
A6 A7 A8 A9
|
B1 B2 B3 B6
|
C6
|
D3 D4
|
Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como: MED_CON = 0.2*F + 0.2*AV+ 0.3*P + 0.3*E Será necesario alcanzar o 50% da cualificación para poder superar a materia. No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) que se realizará en modalidade a distancia nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. No caso da avaliación na convocatoria extraordinaria, o peso repartirase ao 50 % entre a proba escrita e a presentación do traballo final da materia. Será necesario alcanzar polo menos o 50% da cualificación para poder superar a materia.
COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse . No
caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en
español. |