=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
- Toda a docencia impartirase de forma telemática.
- Suspéndese a Atención na fase presencial, establecéndose como único mecanismo de titorías o descrito como Atención na fase a distancia.
- O contido da materia permanecerá inmutable, co que non se considera necesario engadir bibliografía adicional para este caso.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
- Tanto as actividades participativas como a actividade de autoevaluación non sufrirán cambios.
- A avaliación mediante presentacións ou exposicións realizarase de forma telemática establecendo quendas para que os alumnos poidan presentar o seu traballo de avaliación utilizando mecanismos de videoconferencia.
- O exame final da materia realizarase en modalidade on-line utilizando a plataforma que prové o campus virtual. |