Guia docente 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades.
Durante a fase a distancia, realizaranse tres cuestionarios de autoavaliación puntuables (P1, P2 e P3) que cubrirán os bloques I (temas 1 e 2), II (temas 3 e 4) e III (temas 5, 6 e 7), respectivamente, e un cuestionario específico sobre enxeñaría social (ES). Ao final da fase presencial, realizarase un exame final (EF) que abrangue todos os temas teóricos e contidos prácticos da materia.
75 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B6
B7
C9
D5
Traballo Texto ou documento elaborado sobre un tema que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas de estilo e lonxitude. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a.
Un traballo (T) será realizado e será avaliado durante a fase a distancia: a actividade T cubre o bloque I (temas 1 e 2).

25 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B3
B7
C9
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1*P1 + 0.1*P2 + 0.1*P3 + 0.05*ES + 0.25*T + 0.4*EF.

Para superar a materia, será necesario obter o 50% da cualificación e polo menos un 4 sobre 10 no exame final. A nota de avaliación continua dos alumnos que non obteñan polo menos un 4 sobre 10 no exame final calcularase como: MED_CON_FINAL = min(4, MED_CON).

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na
convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación
(convocatoria extraordinaria) que se realizará na modalidade a distancia nas
datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A
avaliación consistirá nese caso nunha única proba escrita que suporá o
100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar
a materia.

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000