Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.

Utilizaranse presentacións informáticas e o taboleiro. Na medida do posible, proporcionaranse as diapositivas aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á realización de prácticas de laboratorio. Deseñáronse unha serie de prácticas (PL1 a PL6) acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase.

Metodoloxías integradas
- Aprendizaxe baseada en proxectos. A última sesión de prácticas (PL7: Traballo tutelado) dedicarase ao seguimento dos traballos expostos aos diversos grupos nos que se divide o alumnado. Proporcionarase material e bibliografía, aínda que se pretende fomentar a capacidade de procura de información, capacidade de síntese, etc.
Seminario Resolución de problemas e/ou exercicios. Formularanse problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno deberá desenvolver solucións adecuadas ou correctas mediante a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Utilizarase como complemento da lección maxistral.

Metodoloxías integradas
- Aprendizaxe colaborativo. Preténdese motivar ao estudante na actividade de investigación, e fomentar as relacións persoais compartindo problemas e solucións. Reservarase unha fracción das clases de aula á resolución por equipos de problemas expostos. Esta dedicación poderá variar ao longo do cuadrimestre e en función das necesidades puntuais da materia.
- Aprendizaxe baseada en proxectos. Método de ensino-aprendizaxe cuxo punto de partida é un problema que, deseñado polo profesor, o estudante ha de resolver para desenvolver determinadas competencias. Utilizarase esta metodoloxía docente para resolución de problemas sinxelos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000