Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases de teoría explícanse os fundamentos de cada tema. O alumnado dispón na bibliografía dos libros de texto recomendados onde se atopa desenvolvido o tema que se está estudando, ademais da información da web que contén o arquivo coa presentación do tema.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos de cada tema á resolución de problemas. Deseñáronse unha serie de prácticas acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase e así o alumnado vaia desenvolvendo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e ir desenvolvendo a súa creatividade.
Seminario Nos seminarios analízanse e propoñen unha serie de exercicios aplicados que teñen que realizar individualmente ou en grupo. O alumnado deberá resolver exercicios e problemas baixo a supervisión e corrección do profesor.
Resolución de problemas Curso intensivo para o alumnado que suspendeu a materia en primeira convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. Titorías en grupo co profesor. Tarefas de avaliación e horas de reforzo.
Traballo tutelado O alumnado deberá realizar e expor un traballo en grupo sobre o deseño dun mecanismo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000