Guia docente 2024_25
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O alumno será avaliado de cada práctica de laboratorio realizada (PL1 a PL7). Esta avaliación realizarase mediante memorias da práctica ou cuestionarios con contidos relativos a elas. Podería darse a situación que para avaliar unha única práctica se pedise unha memoria e un cuestionario simultaneamente. A entrega das memorias e a realización dos cuestionarios realizarase telemáticamente mediante a plataforma MooVi. 20 B3
B4
C14
D9
D10
D16
D17
Aprendizaxe baseado en proxectos A avaliación do traballo tutelado (TT) realizarase mediante a seguinte colección de estratexias empregadas para valorar o proceso de aprendizaxe baseada en proxectos:

- Produto final entregado (memoria/informe): 10% (Competencias CG3 (B3), CG4 (B4), CE14 (C14), CT1 (D1), CT2 (D2), CT9 (D9), CT10 (D10), CT16 (D16), CT17 (D17)).

- Defensa do proxecto (presentación oral e defensa): Factor 0-1 (Competencias CG4 (B4), CE14 (C14), CT1 (D1), CT17 (D17)).

Dado que o proxecto debe ser avaliado de xeito que se garanta a exixibilidade individual e a interdependencia positiva (isto é, todos os membros do grupo deben ter traballado e contribuído ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos do proxecto), na sesión de defensa, calquera membro do grupo debe poder responder a preguntas do proxecto. Todos deben demostrar, por tanto, coñecemento profundo do produto entregado, independentemente da parte na que centrasen os seus esforzos. A defensa do proxecto permitirá valorar o grao de implicación no desenvolvemento do mesmo e o resultado da defensa será un factor que multiplicará a cualificación correspondente ao 10% do proxecto (exceptuando o seguimento) de modo que, se o grupo non é quen de responder ás preguntas
expostas, este factor será cero, anulando a cualificación obtida. Ao contrario, se o grupo defende ben o proxecto entregado, devandito factor será 1 e consolidará a súa cualificación.
10 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D10
D16
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento As probas escritas (PF, PP1, PP2) teñen como obxectivo a avaliación da aprendizaxe de todos os contidos teóricos seleccionados para a materia. En primeiro lugar, confeccionaranse para xulgar o que o alumno sabe de toda a materia (PF), ou dunha parte dela (PP1, PP2) En segundo lugar, deben consistir nunha serie de cuestións que primen o razoamento conceptual e lóxico, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ou as teorías expostas en clase.

A proba final de avaliación continua realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua.

Realizaranse dous controis de avaliación de coñecementos teórico-prácticos (PP1 e PP2) ao longo do curso. Cada un deles suporá un 15 % da nota final de avaliación continua.
70 B3
B4
C14
D1
D2
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota da avaliación continua (NEC) será o resultado de aplicar a media aritmética ponderada da nota de cada unha das partes (PF, PP, PL e TT):

NEC = 0,40 · PF + 0,15 · PP1 + 0,15 · PP2 + 0,20 · PL + 0,10 · TT

Para aprobar a avaliación continua, deberanse cumprir dúas condicións: ter unha NEC≥5 e unha PF≥4. En caso de incumprirse a última condición, ignorarase a cualificación PL, pasando a obter unha cualificación de suspenso na avaliación continua da materia, cunha puntuación igual ao mínimo de 4.0 e a media ponderada de PF e PT.

Aqueles alumnos que non consigan superar a materia polo método de avaliación continua deberanse presentar ao exame ordinario, onde se avaliarán todas as competencias da materia. Os resultados deste exame suporán o 100% da nota final do alumno, sendo requisito para superar a materia obter unha cualificación maior ou igual ao 5. Por último, cabe destacar a opción que todo alumno ten para subir a súa NEC. Noutras palabras, os alumnos que superen a materia por avaliación continua terán a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para mellorar a súa nota.

Os alumnos que non superen a materia na convocatoria ordinaria realizarán un exame extraordinario que terá o mesmo formato e os mesmos requisitos que o exame ordinario.

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000