Prácticas de laboratorio |
A avaliación levarase a cabo mediante entregables e un cuestionario (ECP). O cuestionario realizarase a través de Moovi, onde se avaliará ao alumnado sobre os coñecementos adquiridos en clase e no laboratorio, relacionados coas prácticas. Por outra banda, os entregables de cada práctica permitirán avaliar a calidade da toma de datos experimental, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, o razoamento lóxico, o traballo en equipo e a procura de fontes de información apropiadas, como referencias bibliográficas de calidade que axuden á comprensión da problemática exposta e a contrastar os resultados obtidos. A nota de cada entregable de prácticas e do cuestionario será sobre 10 puntos. A nota global de prácticas será a media das notas de todos os entregables e do cuestionario. |
20 |
|
B4 B5 B6 B7 B11
|
C7
|
D2 D7 D9 D10 D17
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Durante o curso exporanse diferentes tarefas avaliables (TE), algunhas serán individuais e outras poderán ser en grupo. Estas tarefas terán como obxectivo fomentar o seguimento dos contidos teórico/prácticos e profundar noutros aspectos chave da materia, como poden ser o manexo e aplicación de regulamentos como o Código Técnico de Edificación en cuestións de aforro enerxético. Ditas actividades serán obrigatorias e puntuadas, cada unha delas, sobre 10 puntos. |
10 |
|
B4 B5 B6 B7 B11
|
C7
|
D2 D7 D9 D10 D17
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final (EF)
Ten como obxectivo a avaliación da aprendizaxe dos contidos teóricos e da capacidade de resolución de problemas, impartidos tanto nas sesións maxistrais como en seminarios. Confeccionaranse para xulgar o que o alumnado sabe de toda a materia.
Esta proba consistirá nunha serie de cuestións e exercicios que primen o razoamento conceptual e lóxico, a fin de verificar a madurez intelectual dos alumnos para obter conclusións a partir das nocións ou as teorías expostas en clase. Dita proba será obrigatoria e puntuada sobre 10 puntos. |
40 |
|
B4 B5 B7 B11
|
C7
|
D2 D7 D9 D10
|
A Nota final de Avaliación Continua (NEC) calcularase do seguinte modo: NEC =0,4·EF + 0,15·PP1 + 0,15·PP2+ 0,1·TE + 0,2·ECP
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario nos seguintes supostos: - A NEC é menor que 5 puntos sobre 10.
- A non realización ou entrega dalgún dos puntuables anteriores.
- A nota do exame final de avaliación continua é inferior a 4 puntos sobre 10.
No caso de que non se cumpran ditas condicións, a nota máxima do alumno por avaliación continua será un 4,0. En calquera caso, o alumno que supere a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo , así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas , a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior. |