Seminario |
Exporanse actividades dirixidas na aula, algunhas delas realizaranse de forma individual por cada alumno e outras en grupos, de forma que se fomente a aprendizaxe colaborativo e a atención personalizada durante a realización das mesmas. Basicamente tratarase de expor a resolución de problemas relacionados cos contidos presentados nas sesións maxistrais, de forma que se segue unha metodoloxía docente de aprendizaxe baseada en problemas. O alumno deberá resolver exercicios e problemas que serán corrixidos e avaliados polo profesor/a. Do mesmo xeito que nas sesións maxistrais recorrerase ao uso de pizarra e ocasionalmente a medios informáticos. |
Resolución de problemas |
Exporanse problemas relacionados coas sesións de prácticas de laboratorio propostas de maneira que o alumno poida comprender mellor e relacionar os conceptos teóricos da materia coa posta en práctica dos mesmos. O alumno deberá resolver estes exercicios que serán corrixidos polo/o profesor/a. Do mesmo xeito que nas sesións maxistrais, recorrerase ao uso de pizarra e, ocasionalmente, a medios informáticos. |