Guia docente 2023_24
Centro Universitario de la Defensa de la Escuela Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Física: Física II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor exporá nas clases teóricas os contidos da materia. Para o seu desenvolvemento proxectaranse presentacións e utilizarase a pizarra simultaneamente. Puntualmente recorrerase ao emprego de medios informáticos. O alumno disporá de copias do material proxectado, para facilitar a toma de apuntamentos e o seguimento das sesións. Os alumnos poderán ademais consultar textos básicos para o seguimento da materia. A participación fomentarase con preguntas, técnicas de motivación como erros intencionados, solucións incompletas, etc. Cada sesión terá unha duración de 1h e implica unha atención personalizada en grupos.
Seminario Exporanse actividades dirixidas na aula, algunhas delas realizaranse de forma individual por cada alumno e outras en grupos, de forma que se fomente a aprendizaxe colaborativo e a atención personalizada durante a realización das mesmas. Basicamente tratarase de expor a resolución de problemas relacionados cos contidos presentados nas sesións maxistrais, de forma que se segue unha metodoloxía docente de aprendizaxe baseada en problemas. O alumno deberá resolver exercicios e problemas que serán corrixidos e avaliados polo profesor/a. Do mesmo xeito que nas sesións maxistrais recorrerase ao uso de pizarra e ocasionalmente a medios informáticos.
Prácticas de laboratorio Nestas clases prácticas utilizaranse os medios dispoñibles no laboratorio do centro. Para algunha das sesións pode ser necesario empregar a ferramenta informática MATLAB (ou, alternativamente —e a elección do alumno— Python) para manexar unha serie de ferramentas de ensaio de conceptos introducidos nas sesións teóricas. Con respecto ás clases prácticas de laboratorio, o alumno debe ter en conta as seguintes directivas, as cales serán de obrigatorio cumprimento:

-As sesións prácticas son obrigatorias e de carácter presencial.

-Débese entregar a memoria correspondente a cada unha das prácticas de laboratorio programadas. Contémplase o caso de que a memoria sexa entregada en branco co nome ou os nomes dos alumnos (considérase como entregado e con cualificación 0).

-Os alumnos que non cumpran algún dos dous requisitos anteriores non poderán superar o laboratorio.

-O momento de entrega das prácticas será establecido polo profesor en cada sesión.
Resolución de problemas Exporanse problemas relacionados coas sesións de prácticas de laboratorio propostas de maneira que o alumno poida comprender mellor e relacionar os conceptos teóricos da materia coa posta en práctica dos mesmos. O alumno deberá resolver estes exercicios que serán corrixidos polo/o profesor/a. Do mesmo xeito que nas sesións maxistrais, recorrerase ao uso de pizarra e, ocasionalmente, a medios informáticos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000