Resolución de problemas |
Nas sesións destinadas á resolución de exercicios e problemas, o profesor atenderá de forma personalizada as dúbidas expostas polo alumnado. |
|
Seminario |
Os profesores da materia atenderán persoalmente as dúbidas e consultas do alumnado, tanto de forma presencial, segundo o horario que se publicará na páxina web do centro, como a través de medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, etc.) baixo a modalidade de cita previa. |
|
Traballo tutelado |
Nas titorías en grupo, o profesor atenderá de forma personalizada as dúbidas do alumnado, expoñendo exercicios complementarios ou outra clase de actividades que redunden no mellor aproveitamento das clases.
|
|