Traballos de fin de grao |
Trátase de abordar a resolución dun exercicio orixinal e individual no que o estudante se enfronta a un problema real do ámbito da enxeñaría, emprega a metodoloxía adquirida durante a súa formación e propón unha solución tecnicamente válida e viable.
Os contidos de cada TFG definiranse nas propostas individuais ofertadas polos profesores-directores e aprobadas na Xunta de Centro, segundo a normativa para a realización do Traballo de Fin de Grao. Cada TFG terá un contido diferente.
|