Resolución de problemas de forma autónoma |
Realizarase un Control teórico-práctico de avaliación continua (30%). A súa valoración realizarase sobre 10 puntos.
A Proba Final (PF) de avaliación continua (cun peso do 40%) realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua. |
70 |
|
B4 B5 B6 B9 B11
|
C13 C20
|
D2 D9 D10
|
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos: - A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5.
- A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada.
- Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algún dos dous últimos requisitos será obtida mediante a expresión:NECS = min (4, NEC). En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota. INTEGRIDADE ACADÉMICA: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión, e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.
|