O obxectivo principal da materia de Teoría de Estruturas e Construcións Industriais é dotar ao alumno dos coñecementos básicos para a análise e o deseño dos elementos e sistemas estruturais máis frecuentes nas construcións industriais. Para iso, identificaranse as tipoloxías estruturais e os elementos construtivos máis comúns nas construcións industriais e estudaranse diferentes ferramentas para a súa análise e dimensionado. Ademais, introducirase ao alumno no manexo da normativa vixente de cálculo estrutural, e en particular de estruturas metálicas e de formigón armado.
Trátase, pois, dunha materia que achegará coñecementos fundamentais para o exercicio profesional do graduado en enxeñaría mecánica. De feito, os coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais, constitúen unha das competencias que, segundo a Orde Ministerial CIN/351/2009, de 9 de febreiro, se deben adquirir nos graos oficiais que, como o do caso que nos ocupa, habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.