Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Teoría de estruturas e construcións industrias
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metodoloxía das clases teóricas aproximarase a unha sesión maxistral participativa. Nestas sesións, explicaranse os fundamentos de cada tema e exporanse exemplos aclaratorios. Así mesmo, guiarase ao alumno para que estude os contidos do tema de forma autónoma.
Como método expositivo, utilizarase preferentemente a pantalla dixital dispoñible na aula. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos.
Ademais, na aula fomentarase a aprendizaxe colaborativa mediante a realización de actividades en grupo. Preténdese motivar ao estudante na actividade de investigación, e fomentar as competencias persoais compartindo problemas e solucións. Cunha dedicación que variará ao longo do curso e en función das necesidades puntuais da materia, dedicarase parte das clases de aula á resolución de problemas sinxelos por equipos (aprendizaxe baseada en problemas).
Prácticas de laboratorio A docencia práctica terá como fin aplicar, ampliar e afianzar os conceptos estudados nas clases teóricas. Coa idea de fomentar a creatividade e as capacidades técnicas do alumno, exponse unha serie de sesións que inclúen, por unha banda, a realización de prácticas de laboratorio, e por outra, o estudo de casos e a resolución de problemas e/ou exercicios. Nestas sesións tratarase a análise experimental de deformacións en estruturas, a resolución de exercicios de análise estrutural por métodos clásicos e con software informático, o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento no deseño de edificios industriais.
Estas clases comezarán cunha presentación da práctica por parte do profesor, e se fose preciso, cunha explicación de novos conceptos teóricos que sexan necesarios para a súa realización. Posteriormente, serán os alumnos quen, traballando en grupos reducidos, e baixo a supervisión do profesor, realicen a práctica en cuestión. Ao final de cada práctica, cada grupo de alumnos deberá entregar unha memoria resumen cos resultados obtidos.
Seminario Clases destinadas á resolución de problemas e/ou exercicios e ao estudo de casos, que os alumnos deberán levar a cabo individualmente ou en grupo. O feito de que o número de alumnos nestas clases sexa reducido (ao redor de 10), permite unha maior proximidade entre profesor e alumno, de tal forma que se facilita a comprensión e interiorización dos conceptos fundamentais da materia.
Resolución de problemas Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira
convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. Tutorías grupais co profesor. Realización de exames. Tarefas de avaliación e horas de reforzo.
Traballo tutelado Os alumnos, traballando en grupos de tres a cinco acodes, deberán presentar e defender un traballo sobre diferentes aspectos sociais, ambientais, de seguridade e saúde que segundo o Código Técnico da Edificación e outra normativa de referencia débense ter en conta no deseño e a construción de edificios industriais. Estes traballos serán plantexados polo profesorado da materia durante a impartición do tema 3 de teoría e serán presentados nas horas destinadas á 7ª práctica de laboratorio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000