Educational guide 2024_25
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial de teoría (EP):
- A proba realizarase preferentemente tras finalizar os temas 1 e 2 (semana 8).
- A proba realízase de maneira individual.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Non se esixe nota mínima neste exame.
30 B3
C12
D2
D3
D9
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de práctica 1 (PL1):
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas dos temas 1 e 2.
- A proba realízase de maneira individual.
- Realizarase coincidindo co exame parcial de teoría (EP).
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Non se esixe nota mínima neste exame.
15 B3
C12
D2
D3
D6
D9
D16
D17
D20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final de teoría (EF):
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos en todos os temas.
- Realizarase ao finalizar o temario (semana 14).
- A proba realízase de maneira individual.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Esíxese unha nota mínima de 4 sobre 10 neste exame.
40 B3
C12
D2
D3
D6
D9
D16
D17
D20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de práctica 2 (PL2):
- Proba escrita para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas dos temas 3, 4 e 5.
- A proba realízase de maneira individual.
- Realizarase coincidindo co exame final de teoría (EF).
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Non se esixe nota mínima neste exame.
15 B3
C12
D2
D3
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia mediante avaliación continua:

Para asegurar que o alumno adquiriu as destrezas mínimas en cada un dos aspectos da materia esixirase aos alumnos que alcancen unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final de teoría, de modo que a nota final en avaliación continua (NEC) calcúlase coas seguintes fórmulas:

    MED_CON = 0,3 EP + 0,15 EL1 + 0,15 EL2 + 0,40 EF

  • Si EF ≥ 4: NEC = MED_CON
  • Si EF < 4: NEC = min(4, MED_CON).

Donde:

  • EP e EF: representan a parte teórica dos exames de avaliación continua da materia. Probas escritas individuais para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Poden ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
  • EL1 e EL2: representan a parte práctica dos exames de avaliación continua da materia. Probas escritas individuais para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Poden ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.

É necesario que esta nota (NEC) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe presentarse ao exame ordinario.

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame ordinario:

A nota final (NEO) calcúlase coa seguinte fórmula:

    NEO = 0,70 T + 0,30 L

Donde:

  • T : representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
  • L : representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.

É necesario que esta nota (NEO) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia. O alumno que non supere a materia nesta convocatoria ou en avaliación continua debe presentarse á convocatoria extraordinaria.

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia no exame extraordinario:

A nota final (NEE) calcúlase coa seguinte fórmula:

    NEE = 0,70 T + 0,30 L

Donde:

  • T: representa a parte teórica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións de teoría. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
  • L: representa a parte práctica do exame ordinario da materia. Proba escrita individual para avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas relacionados coas prácticas ou algunha combinación das anteriores.

É necesario que esta nota ( NEE ) sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre unha escala de 10) para superar a materia.

INTEGRIDADE ACADÉMICA:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), empregadas de forma ética, crítica e responsable. Se utilizou IAX, debe avaliar críticamente os resultados que proporciona, verificar coidadosamente as citas ou referencias xeradas e declarar o uso das ferramentas utilizadas. Non é necesario declarar o uso de IAX en tarefas que non producen contido (revisión da linguaxe -ortografía ou gramática- nun documento, tradución de texto, obtención de suxestións para reorganizar o contido ou modificar o estilo dun documento ou adaptar o formato de referencias bibliográficas). Cando se deba facer referencia a contidos producidos por IAX (texto, imaxes, etc.), especificaranse polo menos os seguintes elementos: contido xerado, prompt empregado na consulta, ferramenta utilizada, versión, empresa autora do software, data na que foi realizada a consulta e enlace ao sitio web da ferramenta. A detección dunha situación de non declaración de uso de IAX terá a consideración de fraude académica e aplicaranse as medidas descritas no parágrafo anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000