Lección maxistral |
Cada unidade temática teórica será presentada polo profesor, expondo exemplos para unha mellor comprensión dos contidos. Mediante a formulación de cuestións sobre os contidos teóricos e exemplos fomentarase e valorará a participación activa do alumnado.
Utilizaranse presentacións ofimáticas e a lousa para transmitir información como definicións, gráficos, fotografías, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das presentacións aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. As reproducións en papel das presentacións nunca deben ser consideradas como substitutos de apuntamentos tomados en clase ou dos textos suxeridos na bibliografía, senón como material complementario.
|
Resolución de problemas |
Formúlanse problemas e/ou exercicios que o alumno debe resolver interpretando a información dispoñible, aplicando fórmulas ou algoritmos e interpretando os resultados. Estes exercicios pódense recoller ao final da clase ou ser enviados mediante a través de intranet nun curto prazo de tempo. |
Seminario |
Consisten na realización de actividades de reforzo á aprendizaxe mediante:
Resolución de problemas. Complementando aos realizados nas clases prácticas.
Estudo de casos. Análise de sucesos reais, fundamentalmente en empresas e en organizacións de Defensa coa finalidade de coñecelos, interpretalos, reflexionar, diagnosticar e elaborar posibles solucións.
Aqueles exercicios de clases de laboratorio que o alumno non puidese finalizar, tratará de facelo nas súas horas de estudo e se ten algunha dificultade ou dúbida poderase resolver nestes seminarios.
Contabilízanse neste apartado 5 horas de tutorías de apoio para aquelles alumnos que suspenderon a materia por evaluación continua, previas á realización do exame ordinario. Tutorías grupais co profesor.
|