Educational guide 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MODIFICACIÓNS EN CASO DE SITUACIÓNS EXTRAORDINARIAS QUE IMPLIQUEN SEMIPRESENCIALIDADE PARA PARTE DO ALUMNADO.

A continuación, detállanse aqueles aspectos que se modificarán na guía no caso de que se determine algunha acción derivada de criterios de seguridade.

Seccións da guía docente onde se reflectirán os cambios:

3.Contidos
En caso de semipresencialidade habería que valorar manter a realización das prácticas presenciais ou incluso trasladalas a outra data. En caso de que esto non fose posible, reemplazaranse as prácticas propostas por alternativas baseadas en simulación, vídeos demostrativos, visitas virtuais, etc.

5. Metodoloxía docente
Engádense dúas novas metodoloxías de ensino:
5.1 Sesión maxistral e / ou sesión práctica virtual sincrónica:
Imparte a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada sala contén varios paneis de exposición e compoñentes, cuxo deseño pode ser personalizado para adaptarse mellor ás necesidades da aula. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a súa pantalla ou arquivos do ordenador, usar unha pizarra, chat, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades interactivas en liña (enquisas, preguntas, etc.).
5.2. Foros de debate: actividades desenvolvidas nun contorno virtual para resolver dúbidas e / ou debate sobre cuestións que xorden no estudo do tema.

7. Avaliación da aprendizaxe
7.1. As probas de avaliación realizaranse combinando a plataforma de teledocencia MOOVI e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000