Educational guide 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría dos materiais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MODIFICACIÓNS EN CASO DE SITUACIÓNS EXTRAORDINARIAS QUE IMPLIQUEN A SEMIPRESENCIALIDADE PARA PARTE DO ALUMNADO

• Apartado 6 (CONTIDOS):

As sesións maxistrais e as actividades de seminario impartiranse en aula virtual, mantendo a distribución e contidos da docencia presencial. No caso das prácticas, proporase cando sexa posible a realización de prácticas de simulación e, en todo caso, manteranse as procuras bibliográficas ou manexo de bases de datos, asegurando en cada caso que se traballan os contidos planificados de cada práctica.

• Apartado 8 (METODOLOXÍAS DOCENTES): engádese a modalidade de ensino virtual síncrono e asíncrono:

Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha pizarra, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual asíncrona: As gravacións das sesións síncronas poranse a disposición do alumnado na plataforma de teledocencia, de forma que poidan utilizalas para repasar os conceptos de cada sesión.

• Apartado 10 (AVALIACIÓN):
No caso de que non poidan realizarse as probas de avaliación de modo presencial, proporase o uso combinado da plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000