Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría |
B5 |
Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas |
B10 |
Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade |
B13 |
Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar axeitadamente os recursos dispoñibles |
B15 |
Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou
multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a
integración dos procesos e a continuidade asistencial |
C2 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
C3 |
Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos. |
C4 |
Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo. |
C13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
C17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
C24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. |
C29 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
C30 |
Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación. |
C48 |
Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización y planificación |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisions |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe |
D7 |
Razoamento crítico |