Educational guide 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Saúde, dependencia e vulnerabilidade social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Saúde, dependencia e vulnerabilidade social Código P51G140V01412
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Pontevedra)
Coordinador/a
González López, Claudia
Correo-e claudia.eu.enfermeria@gmail.com
Profesorado
Diéguez Montes, María Paz
González López, Claudia
Web http://enfermeria.depo.es
Descrición xeral A materia saúde, dependencia e vulnerabilidade social profunda no rol e misión social da enfermería. Busca que o alumnado desenvolva competencias para saber como responder e actuar de forma respectuosa e equitativa ante a diversidade de persoas ás que presta os seus coidados. Para iso analízase o seu papel ante situacións de dependencia, risco e vulnerabilidade social, e a influencia da diversidade cultural, as migracións, o xénero, a discapacidade ou a idade nos coidados de enfermería. Tamén se aborda o seu papel en aspectos relacionados coa globalización, o desenvolvemento sostible e a xustiza social.
Un dos marcos fundamentais nos que se basea esta materia é o da Axenda 2030 e as súas ODS dende a perspectiva de que a enfermería pode contribuír e liderar estratexias que promovan a xustiza social e o desenvolvemento sostible tanto local como global.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000