A materia saúde, dependencia e vulnerabilidade social profunda no rol e misión social da enfermería. Busca que o alumnado desenvolva competencias para saber como responder e actuar de forma respectuosa e equitativa ante a diversidade de persoas ás que presta os seus coidados. Para iso analízase o seu papel ante situacións de dependencia, risco e vulnerabilidade social, e a influencia da diversidade cultural, as migracións, o xénero, a discapacidade ou a idade nos coidados de enfermería. Tamén se aborda o seu papel en aspectos relacionados coa globalización, o desenvolvemento sostible e a xustiza social.
Un dos marcos fundamentais nos que se basea esta materia é o da Axenda 2030 e as súas ODS dende a perspectiva de que a enfermería pode contribuír e liderar estratexias que promovan a xustiza social e o desenvolvemento sostible tanto local como global.