Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría de la Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas V
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Seguindo as instrucións da Secretaría Xeral de Universidades para a elaboración do apartado “Plan de Continxencias” previsto para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de brotes ou peches na localidade de Pontevedra, contemplase como escenario alternativo a semipresencialidade, entendendo como tal, a situación na que non poida asistir a clase presencial todo o alumnado á vez. A conversión puntual de actividade docente presencial en semipresencial, require da adaptación das Guías Docentes para garantir, no momento que sexa preceptivo, un adecuado tránsito da modalidade de docencia e dunha maneira máis áxil e eficaz. Para isto, elaborouse un modelo común a todas as materias seguindo o modelo e experiencia da docencia semipresencial do pasado curso 2020-2021 e cumprindo coas medidas de seguridade comunicadas polas autoridades pertinentes.
Non serán necesarios cambios nos horarios das prácticas clínicas, nin das titorías grupais nin do calendario de avaliación, xa que contamos coas ferramentas telemáticas postas a disposición do alumnado e o profesorado pola Uvigo (campus remoto, aulas e despachos virtuais, etc.) ferramentas soportadas polas plataformas Claroline e/ou Moodle. O plan de continxencia foi aprobado na Xunta de centro do 7 de xullo de 2021. =============================================================================
O alumnado seguirá asistindo as prácticas clínicas en tanto non haxa contraorden das autoridades sanitarias. Durante as horas presenciais no centro (titorías grupais), o alumando será distribuído en dúas seccións A e B. Cada sección estará constituída pola metade dos grupos da materia seguindo o modelo da escola, de maneira que a Sección A para está composta pola primeira metade dos grupos e a Sección B pola segunda metade.
METODOLOXÍAS DOCENTES:
* As prácticas clínicas non teñen contidos.
* As prácticas clínicas serán presenciais seguindo o mapa de prácticas elaborado, cos grupos, distribución, duración e calendarios aprobados na Xunta de Escola e publicados.
• Titorías: serán personalizadas, realziaránse individualmnete ou en grupo, e atenderanse de forma presencial.
AVALIACIÓNS:
• Serán presenciais utilizando todas as aulas e profesorado preciso para cumprir coas medidas de seguridade, distancia e outras esixencias en semipresencialidade. Mantéñense as datas e horarios aprobados na Xunta de Escola e publicados.
As avaliacións das prácticas clínicas serán presenciais. Neste caso, ao ser avaliacións prácticas individuais, establécese, na data da proba, un horario personalizado que permita cumprir coas esixencias derivadas da situación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000