Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría de la Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Xestión de enfermaría
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Xestión de enfermaría Código P51G140V01207
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Pontevedra)
Coordinador/a
Diéguez Montes, María Paz
Correo-e direnfpo@uvigo.es
Profesorado
Diéguez Montes, María Paz
Fernández Soengas, Rosa
González López, Claudia
Web http://www.enfermeria.depo.es
Descrición xeral A materia pretende capacitar ao alumno dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para desenvolver as accións que se consideran dentro do campo da Xestión de Enfermaría, facilitando así o desenvolvemento do traballo diario dos Graduados e graduadas, que se enfronten ás situacións que precisan de análises, estudo de recursos, obxectivos, planificación, execución e avaliación de todo el proceso do Plan. Coñecer o manexo de instrumentos e situacións organizativas de coordinación e información, de especial relevancia para o funcionamento das institucións, aplicando criterios/estándares de Calidade.
A materia céntrase na "Xestión de persoas" e no estudo de novos paradigmas de liderado o que permite o proceso de ensino-aprendizaxe desde o compromiso coa Axenda 2030 expondo diversas accións que incidan nos seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) especialmente nos que se centran na saúde das persoas (ODS-3), nos profesionais (ODS-8) e en innovación e infraestruturas (ODS-9).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000