A materia pretende capacitar ao alumno dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para desenvolver as accións que se consideran dentro do campo da Xestión de Enfermaría, facilitando así o desenvolvemento do traballo diario dos Graduados e graduadas, que se enfronten ás situacións que precisan de análises, estudo de recursos, obxectivos, planificación, execución e avaliación de todo el proceso do Plan. Coñecer o manexo de instrumentos e situacións organizativas de coordinación e información, de especial relevancia para o funcionamento das institucións, aplicando criterios/estándares de Calidade.
A materia céntrase na "Xestión de persoas" e no estudo de novos paradigmas de liderado o que permite o proceso de ensino-aprendizaxe desde o compromiso coa Axenda 2030 expondo diversas accións que incidan nos seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) especialmente nos que se centran na saúde das persoas (ODS-3), nos profesionais (ODS-8) e en innovación e infraestruturas (ODS-9).