AVALIACIÓN
CONTINUA E AVALIACIÓN GLOBAL A
priori enténdese que todo o estudantado segue a avaliación continua, cuxo
compromiso se adquire coa participación nas actividades de avaliación. Aquela
persoa que desexe presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación
GLOBAL) debe comunicalo segundo indica a normativa durante o primeiro mes desde
que comeza o curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa
que é posible medir tódalas competencias, por iso a proba será diferente á do
alumnado de avaliación continua. A
cualificación final do estudantado de avaliación continua será a media das
cualificacións obtidas nas actividades realizadas nos grupos reducidos (60% da
nota final) e no exame final. Para calcular a nota media é obrigatorio acadar
unha puntuación mínima de 4 puntos nas actividades dos grupos reducidos e no
exame. Se nalgunha destas partes non se chega aos 4 puntos, a nota que constará
na avaliación será suspenso coa nota numérica que corresponda unha vez obtida a
media entre ambas as partes, excepto no caso de ser superior a 5, no que se
outorgará unha puntuación de 4,9. A
persoa que non se presente ó exame constará como Non Presentado, aínda que
entregase actividades de avaliación continua. Respecto
ás actividades realizadas en avaliación continua distribúense da seguinte
maneira: - APRENDIZAXE BASEADO EN PROXECTOS (20%): proxecto de innovación docente . Coas aportacións individuais se elaborará un informe grupal, reflectivo e crítico. - Estudo de caso (20%): consta dunha ficha de traballo de
investigación a modo de proposta de TFG. Contarase coa colaboración do
persoal de biblioteca. - MÉTODO DE INVESTIGACIÓN (20%): consiste en realizar unha actividade
grupal que require un traballo previo individual de indagación e traballo de
campo. A
asistencia ás clases, así como a actitude, disposición e participación nelas
teranse en conta de maneira positiva para a cualificación e matrícula de honor. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Durante o mesmo curso académico, manteranse
as notas das probas superadas na primeira convocatoria (ordinaria) para a
segunda convocatoria (extraordinaria). Poderanse entregar probas non realizadas
ou suspendidas, excepto aquelas que se realizaron na aula e non sexa posible
recuperar a puntuación relativa á participación e asistencia. |