A materia "Dereito Administrativo II" ten como obxectivo completar o estudo da parte xeral do Dereito Administrativo mediante o estudo da teoría do patrimonio da Administración, a teoría das formas de actividade administrativa, as sancións administrativas e a garantía patrimonial dos administrados, que inclúe as institucións de expropiación forzosa e a responsabilidade patrimonial da Administración.