Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dereito administrativo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A través das notas obtidas na resolución de casos prácticos que se fagan nos Seminarios avaliarase ao alumnado na avaliación continua que supoñerá un 40% da nota final En caso de non optar pola avaliación continua ou non superala, a nota final será a do Exame que se indica a continuación 40 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
C5
C9
D2
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas EXAME FINAL TEÓRICO: Realización de unha ou varias PROBAS TEÓRICAS usando calquera dos formatos existentes, solos ou en combinación con outros que demostren o coñecemento teórico da materia. Suporá o 30% da nota pero para poder facer media coa de avaliación continua, é necesario que o alumnado aprobe o exame final (combinando a parte teórica e a práctica) cun 5 sobre 10. No caso de que non se saque un 5, a nota será a do exame. 30 A1
A2
A3
A5
B5
B6
C5
C9
D2
D5
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios EXAME FINAL PRÁCTICO: Realización de unha o varias PROBAS PRÁCTICAS usando calquera dos formatos existentes que demostre o coñecemento práctico da materia. Suporá o 30% de nota pero para poder facer media coa de avaliación continua, é necesario que o alumnado aprobe o exame final (combinando a parte teórica e a práctica) cun 5 sobre 10. No caso de que non se saque un 5, a nota será a do exame. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B6
C5
C9
D2
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota acadada na avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación global. A cualificación obtida nos dous exames finais terán un peso específico do 30% cada un na nota global. 

Para poder presentarse ao exame final e respectar a nota de avaliación continua será imprescindible que: (1) o estudante teña realizado todas as probas de avaliación continua; e (2) acadar a superación das probas nas que consta a avaliación continua. Se non se cumpren ambos os requisitos, o alumno deberá realizar a proba final na modalidade que se indica ao final deste apartado. 

Para que a nota da avaliación continua se sume á do exame final, será necesario que o alumno acade a superación deste último. 

O alumnado que non supere a avaliación continua poderá presentarse ao exame final pero deberá superar unha parte específica na que se avaliarán as competencias traballadas na avaliación continua que non superaron.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000