Con esta materia perséguese non só formar senón sensibilizar ao alumnado en cuestións básicas do saber sociolóxico. Calquera profesional que preste servizos a través da administración pública ou entidades privadas, debe comprender e poder analizar como as estruturas e relacións interferen na vida cotiá grupos e persoas, e organizacións. A realidade social ha de entenderse sabendo que o comportamento humano e os procesos sociais responden a normas de comportamento socialmente compartidas e valores culturais predominantes. Aplicaranse os coñecementos (conceptos, teorías, etc.) a situacións ou problemas reais actuais, polo que nesta materia terán cabida noticias, debates e cuestións sobre temas de actualidade.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.