A avaliación da materia comprende as probas que se detallan a continuación:
1. Exame de preguntas de desenvolvemento (40%). Como se indica na descrición a proba consiste nun exame de preguntas de desenvolvemento de carácter individual cuxo obxectivo é valorar os coñecementos alcanzados polo alumnado sobre a materia. Para que a nota do exame faga media coa nota obtida nos seminarios é necesario sacar un 4. Se a nota obtida no exame é menor dun 4, deberá recuperarse na convocatoria extraordinaria de xullo. Manteranse as notas obtidas nos distintos seminarios (Estudo de casos e Resolución de problemas).
O exame do 1º cuadrimestre terá lugar o xoves 9 de xaneiro de 2025 entre as 10.00 e as 11.30 horas no Espazo 16 (Facultade de Belas Artes).
2. Estudo de casos (40%). Comprende a realización de exercicios heteroxéneos relacionados cos contidos da materia: Aprender a ler as imaxes; Análise da moda do século XIX na colección do Museo de Pontevedra; Construción da identidade, xénero e moda; Evolución do deseño gráfico en Galicia en relación co contexto global). Os exercicios teñen un carácter grupal, constan de dous partes e implican presentacións orais.
3. Resolución de problemas (20%): Inclúe un exercicio coordinado polo equipo da Biblioteca do Campus de Pontevedra sobre como realizar unha investigación académica: saber citar correctamente, buscar fontes bibliográficas etc., aspectos clave para o desenvolvemento teórico da memoria do Traballo Fin de Grao. O exercicio é de obrigatorio cumprimento e a súa avaliación conta un 10%.
O 10% restante garda relación coa participación en dúas actividades: unha viaxe de estudos (5%) e a realización dun exercicio ou proba pre exame (5%) que funciona como método de repaso da materia e familiarización co formato de exame que terá lugar ao final de cuadrimestre.
Avaliación global. Para a avaliación global realizarase unha única proba de exame de preguntas de desenvolvemento co obxectivo de demostrar os coñecementos que o/a estudante ten sobre o conxunto dos contidos da materia.
Convocatoria de xullo. A non superación da materia na convocatoria común obrigará ao alumnado para presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, a cal consistirá na realización dunha proba final específica de preguntas de desenvolvemento na que o/a estudante deberá demostrar a adquisición de todos os coñecementos da materia.
O exame da convocatoria de xullo terá lugar o martes 8 de xullo entre as 10.00 e as 11.30 horas no Espazo 31 da Facultade de Belas Artes.
Datas de avaliación.
As datas de avaliación pódense consultar na páxina web da titulación: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/