Guia docente 2025_26
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Teoría, crítica e historia do deseño I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema que o alumnado deberá relacionar, organizar e presentar. O obxectivo da proba é constatar os coñecementos que o alumnado acadou sobre a materia así como a súa capacidade de argumentación. 40 A3
A4
C19
D2
Estudo de casos Proba na que o alumnado deberá analizar grupalmente circunstancias relacionadas co contido da materia para interpretalas, xerar hipóteses, reflexionar ou completar coñecementos. 40 A3
B3
C10
C19
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicio relacionado coa lectura e interpretación de imaxes que servirá de práctica da proba final. Pode realizarse grupal ou individualmente e concluir cunha exposición oral que permita valorar a capacidad de comunicación do alumnado. 20 A3
A4
B3
C10
C19
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación da materia comprende as probas que se detallan a continuación:

1. Exame de preguntas de desenvolvemento (40%). Como se indica na descrición a proba consiste nun exame de preguntas de desenvolvemento de carácter individual cuxo obxectivo é valorar os coñecementos alcanzados polo alumnado sobre a materia. Para que a nota do exame faga media coa nota obtida nos seminarios é necesario sacar un 4. Se a nota obtida no exame é menor dun 4, deberá recuperarse na convocatoria extraordinaria de xullo. Manteranse as notas obtidas nos distintos seminarios (Estudo de casos e Resolución de problemas). 

A data da proba de exame cominicarase ao estudantado nas primeiras semanas do curso a través da plataforma MOOVI. 

2. Estudo de casos (40%). Comprende a realización de exercicios heteroxéneos relacionados cos contidos da materia. Ditos exercicios teñen un carácter grupal, poden constar de varias partes así como implicar exposicións orais. 

3. Resolución de problemas (20%): Inclúe un exercicio coordinado polo equipo da Biblioteca do Campus de Pontevedra sobre a realización dunha investigación académica: saber citar correctamente, buscar fontes bibliográficas etc., aspectos clave para o desenvolvemento teórico da memoria do Traballo Fin de Grao. O exercicio é de obrigatorio cumprimento e a súa avaliación conta un 10%. 

O 10% restante vincularase á participación en actividades relacionadas con saídas de estudos e outras actividades que vaían xurdindo no transcurso do cuadrimestre.  

Avaliación global. Para a avaliación global realizarase unha única proba de exame de preguntas de desenvolvemento co obxectivo de demostrar os coñecementos que o/a estudante ten sobre o conxunto dos contidos da materia. 

Convocatoria de xullo. A non superación da materia na convocatoria ordinaria implica que o alumnado poderá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, a cal consistirá na realización dunha proba final específica de preguntas de desenvolvemento na que o/a estudante deberá demostrar a adquisición de todos os coñecementos da materia. As notas obtidas nos seminarios manteranse na convocatoria de xullo. 

Data da convocatoria de xullo consultar: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000