1. Consideracións específicas Existen dous sistemas de avaliación: continua e global (única). A elección dun sistema exclúe ao outro. 1.1 Avaliación continua Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciáis con aproveitamento e participación. Aquel/a alumno/a que non acade dita porcentaxe, perderá esta opción. O alumnado que se acolla á evaluación continua computaráselle o 100% da cualificación final cos traballos e probas do curso. A non realización das probas ou traballos ao longo do curso computaranse como un cero (0.0). Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcadas. 1.2 Avaliación global O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito seguindo o procedemento que estableza a Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deber realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua non terá dereito á mesma, nin ás consideracións que nela establézanse. A avaliación global, que realizarán aqueles/as alumnos/as que se acollan a ela, consistirá nunha proba global final que se desenvolverá na data oficial establecida pola Xunta de Facultade. Para iso o alumnado deberá consultar na web de devandito centro, onde se especifican o fía, lugar e hora da celebración do exame. 2. Cualificación da materia 2.1 Avaliación continua Os alumnos que se acollan á avaliación continua se lles computará: 1) Un 30% da cualificación final coa participación nas actividades de clase ou fora de clase ao longo do cuatrimestre: preparación e entrega de traballos para completar a unidade didáctica abordada, exposicións orais e outras tarefas (a entregar en man e/ou por Moovi). Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados. Os traballos non realizados ou entregados fora de prazo computaranse cunha cualificación de 0,0 puntos. 2) Un 20% da cualificación final con probas de preguntas obxectivas. 3) Un 50% con dúas probas finais: role play (25%) e presentación oral (25%). A nota final calcularase coa media ponderada das diferentes partes, debendo obter un mínimo dun 4 en todas elas. De non ser o caso, a nota final da materia quedará truncada cunha nota máxima de 4,5 (sobre 10), aínda cando a media aritmética das probas sexa superior. O alumnado que na primeira oportunidade (primeira edición das actas) obteña unha calificación inferior a 4 nalgunha(s) das partes deberá repetir a(s) parte(s) correspondentes no exame de xullo do curso académico actual para poder aprobar a totalidade da materia. De non superar a materia en dita convocatoria, o alumnado deberá examinarse da totalidade da materia en cursos posteriores, coa excepción da convocatoria extraordinaria de setembro. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senon tamén a súa corrección lingüística. Compromiso ético: espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), a cualificación global será de suspenso (0,0).
2.2 Avaliación global A avaliación global consistirá nunha proba global final (100%) que se realizará na data oficial fixada pola Xunta de Facultade. Para o alumnado da avaliación global, esta proba final consistirá en: 1) unha proba escrita (50%) 2) unha proba oral (50%). A proba oral terá lugar a continuación da proba escrita. Para superar a materia, é requisito indispensable acadar unha calificación media de 5 puntos cun mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das partes. De non cumprirse este requisito, a nota final da materia quedará truncada cunha nota máxima de 4,5 (sobre 10), aínda cando a media aritmética das probas sexa superior. O alumnado que na primeira oportunidade obteña una cualificación inferior a 4 nalgunha das partes e suspenda, polo tanto, a materia, deberá examinarse da totalidade da materia nas seguintes convocatorias na data oficial fixada pola Xunta de Facultade. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senon tamén a súa corrección lingüística. Compromiso ético: espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), a cualificación global será de suspenso (0,0).
|