AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua formúlase nunha primeira fase parcial, unha vez
rematados os contidos teóricos básicos, e outra avaliación parcial na
convocatoria ordinaria. A opción de avaliación continua require unha dedicación máis constante durante o curso. En concordancia co plantexamento da constancia no ritmo de estudo, soamente poden optar neste sistema de avaliación os alumnos con un 80% de asistencia as clases.
PARCIAL 1º Probas
escritas (teóricas):35%
Contidos teóricos básicos dos primeiros sete temas. Exame de preguntas de
desenvolvemento: 20 %
Exame de preguntas obxectivas: 15 %.
PARCIAL 2º Probas escritas
(teóricas):35 %
Contidos clínicos de Radioloxía. Exame de preguntas de desenvolvemento: 20 % Exame de preguntas obxectivas: 15 %. Total avaliacións
teóricas (parcial 1 + parcial 2): 70%. Prácticas de laboratorio:
20% Traballo: 10% AVALIACIÓN GLOBAL Por renuncia expresa á avaliación continua: neste caso non se realizarán
avaliacións parciais, polo que na convocatoria ordinaria o alumnado avaliarase
do seguinte xeito: Exame de preguntas de
desenvolvemento: 40 % Exame de preguntas obxectivas: 30 %. Ambos exames (preguntas
obxectivas e de desenvolvemento) deben superarse de xeito independente. Prácticas de laboratorio:
20% Traballo: 10% O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá notificalo
por escrito seguindo o procedemento que estableza a Facultade de Fisioterapia.
A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o
que supón que asumirá a avaliación global establecida na asignatura. Unha vez resolta pola Facultade a renuncia á avaliación continua, o/a
alumno/a non terá opción á mesma, nin ás consideracións que nela se establezan. AVALIACIÓN
EXTRAORDINARIA - RECUPERACIÓN: O alumnado que na avaliación continua teña superado un dos exames parciais
(parcial 1 ou parcial 2), na avaliación extraordinaria só deberá examinarse do
parcial non superado. O alumnado que na avaliación continua teña suspendidos os
dous parciais, na avaliación extraordinaria terá as mesmas porcentaxes e
criterios que o alumnado da avaliación global, segundo o baremo que se detalla
de seguido. Para a avaliación extraordinaria non se prepara de xeito específico unha
batería de preguntas obxectivas. O exame de preguntas de desenvolvemento
incrementarase arredor dun tercio das preguntas. O baremo total é: Exame de preguntas de
desenvolvemento: 70% Prácticas de laboratorio:
20% Traballo: 10% (manterase a nota obtida) |