Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B1 |
Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que os profesionais e demais persoal das organizacións sanitarias estrutúranse dun xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar. |
B2 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional e integrar aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
C3 |
Identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade. |
C5 |
Comprender as teorías do aprendizaxe e aplicalas na educación para a saúde e no propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida. Comprender os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente. Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado. |
C10 |
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia. |
C22 |
Coñecer e aplicar as guías de boa práctica clínica. |
C23 |
Comprender os conceptos fundamentais da saúde e a función que realiza o fisioterapeuta no sistema sanitario. |
C24 |
Promover hábitos de vida saudables a través da educación para a saúde. |
C25 |
Comprender os factores relacionados coa saúde e os problemas relacionados coa fisioterapia nos ámbitos da Atención Primaria, Especializada e da Saúde Laboral. |
C26 |
Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente aqueles nos que interveña a fisioterapia. |
C27 |
Coñecer e analizar os procesos de xestión dun servizo ou unidade de Fisioterapia. |
C28 |
Coñecer e aplicar os mecanismos de calidade na práctica de fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para o adecuado exercicio profesional. |
C29 |
Coñecer as bases éticas e xurídicas da profesión nun contexto social cambiante. |
C30 |
Coñecer os códigos éticos e deontolóxicos profesionais. |
C38 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
D1 |
Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |
D3 |
Recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade |
D6 |
Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
D8 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade mais xusta e igualitaria. |