Lección maxistral |
Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. O alumnado recibirá ao longo do cuadrimestre e a través da plataforma de teledocencia Moovi ou da web do profesor coordinador da materia (http://gfuentes.webs.uvigo.es/index.htm) as presentacións elaboradas polo profesorado que lle servirán de guía. |
Traballo tutelado |
O traballo a elaborar polo alumnado da materia será un protocolo de aplicación nun caso clínico empregando un dos axentes físicos vistos na materia. Os casos clínicos serán establecidos polo profesorado.
A elaboración do traballo será individual, aínda que varias persoas traballarán sobre o mesmo caso clínico. Posteriormente, todos aqueles que traballaron sobre o mesmo caso clínico, deberán analizar as propostas de protocolo feitas polos/as compañeiros/as. Cada un entregará un comentario sobre a análise feita de cada un dos traballos ao/á docente responsable.
Ademais, e tamén de xeito individual, o/a estudante terá que facer unha infografía sobre un aspecto teórico ou práctico da materia a proposta do profesorado. |