Lección maxistral |
Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento da docencia teórica farase un grupo A ou grupo grande.
//
Enviarase toda a información sobre a docencia e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
//
Titorías: Poderán realizarse en grupo ou de xeito individualizado, de cara á orientación e asesoramento académico, profesional e persoal. Levaranse a cabo no horario establecido oficialmente para as titorías e no despacho do profesorado da materia. Tamén poderán realizarse no despacho virtual do profesorado da materia, por correo electrónico ao enderezo electrónico do profesorado indicando no asunto: TITORÍAS, ou a través dos foros da plataforma de teledocencia. Se son presenciais no despacho ou no despacho do Campus remoto, será necesario concertalas previamente.
|
|
Actividades introdutorias |
O alumnado ten que se dar de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, cubrir a ficha virtual aportando os seus datos e unha foto, e participar nas actividades que se fan a través del, para o correcto seguimento da materia: teoría, seminarios, traballos, exames e todo o que se faga na materia.
|
|
Seminario |
Organización do traballo do alumnado: para o desenvolvemento dos seminarios faranse tres grupos B ou grupos medianos.
//
Enviarase toda a información sobre os seminarios e os cambios e recomendacións a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.