Educational guide 2024_25
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Bioquímica-Física: Bioquímica e biofísica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas laboratorio: asistencia e participación en tódalas prácticas da materia. Para superar a materia é obrigatoria a asistencia a todas as sesións de prácticas e a presentación dun informe individual de cada sesión. 20 D1
D2
D3
D4
D7
Lección maxistral 2 exames parciais:
Parcial 1 (35%): Biofísica. En horario de aula.
Parcial 2 (35%): Bioquímica. En convocatoria ordinaria.
Os exames teóricos son de preguntas obxectivas (tipo test e preguntas cortas). As preguntas test mal contestadas restan (2 mal restan 1 ben).
70 C6
D1
D2
Traballo tutelado É de carácter voluntario. Entrega da resolución de problemas que son plantexados nas clases teóricas e posta en común dos resultados acadados. 10 D1
D2
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
-Avaliación continua: Realizaranse dous exames teóricos parciais (parcial 1: correspondente ó temario de biofísica e parcial 2: temario de bioquímica) que suporán un 35% (cada un) da nota global da materia. O restante, corresponderase nun 20 % coa nota de prácticas e un 10 % coa nota do traballo tutelado. A asistencia ás prácticas é obrigatoria agás nos estudantes que repitan a materia. Será obrigatoria a entrega dunha memoria por cada sesión práctica (dúas sesións) que será avaliada. A participación no traballo tutelado é voluntaria, e puntuarase con 0,1 puntos cada entrega, con un total de 10 posibles entregas (máximo 1 punto = 10 % da nota global). 
Para poder superar a avaliación continua o alumnado deberá acadar máis de un 4 (sobre 10) nos ítems parcial 1, parcial 2 e prácticas.

- Avaliación global: Un exame teórico único (preguntas obxectivas) que terá un valor do 100% na cualificación global da materia.

- Avaliación en 2ª oportunidade: O alumnado con avaliación continua poderán avaliarse só do parcial que lles falte por superar ou poden escoller avaliación global (exame con todo o temario e con un valor do 100 % na cualificación global da materia).
Calquera outro criterio (p.e. asistencia a clase) rexerase polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000