Lección maxistral |
2 exames parciais:
Parcial 1 (40%): Bioquímica. En horario de aula.
Parcial 2 (40%): Biofísica. En convocatoria ordinaria.
Os exames teóricos son de preguntas obxectivas (tipo test). As preguntas mal contestadas restan (2 mal restan 1 ben). |
80 |
|
|
C6
|
D1 D2
|
- Avaliación continua: Realizaranse dous exames teóricos parciais (parcial 1: correspondente ó temario de bioquímica e parcial 2: temario de biofísica) que suporán un 40% (cada un) da nota global da materia. O 20 % restante corresponderase coa nota de prácticas. A asistencia ás prácticas é obrigatoria agás nos estudantes que repitan a materia. Será obrigatoria a entrega dunha memoria por cada sesión práctica (dúas sesións) que será avaliada (20 % da cualificación global da materia). Para poder superar a avaliación continua o alumno deberá acadar máis de un 4 (sobre 10) en todos os ítems (parcial 1, parcial 2 e prácticas). - Avaliación global: Un exame teórico único (preguntas obxectivas) que terá un valor do 100% na cualificación global da materia. - Avaliación en 2ª oportunidade: Os alumnos con avaliación continua poderán avaliarse só do parcial que lles falte por superar ou poden escoller avaliación global (exame con todo o temario e con un valor do 100 % na cualificación global da materia). Calquera outro criterio (p.e. asistencia a clase) rexerase polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia. |