AVALIACIÓN CONTINUA Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación
global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a
través de probas presenciais nas datas oficiais aprobadas polo centro. Será
preciso obter polo menos un 50% da puntuación total de todas as partes
avaliables para superar a materia. AVALIACIÓN
GLOBAL O alumnado
deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación
continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de avaliación global realizarase na data e
horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante
deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se
detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha
delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global
deberá dispoñer de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora
oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas: Proba 1. Proba de exame sobre os contidos teóricos
impartidos na materia. A proba ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo
preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta
parte. Proba 2. Proxecto. Elaboración de
actividades de acordo con as pautas definidas polos docentes. O traballo ten
un valor do 25% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación
mínima do 50% para superar esta parte. O traballo será entregado na data e
horario do exame. O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios
de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez
finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3. Proxecto. Valoración
do proceso e resultado da elaboración dunha estratexia propia orientada ao
desenvolvemento de contidos audiovisuais en medios sociais. O detalle dos
contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados
aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia
expresa á avaliación continua. Resumo das
probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas: Proba 1. Proba de exame. Valoración do 20% sobre o
total da nota. Proba 2. Proxecto.
Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 3. Proxecto. Valoración do 40% sobre o total da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima
do 50% en todas as probas para superar a materia. A información sobre as probas
de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de
entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia. SEGUNDA
OPORTUNIDADE O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias. |