Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Desenvolvemento de narrativas audiovisuais en contextos dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Valoración da participación activa e presenza do alumnado na aula. 20 B1
C14
D1
Proxecto Elaboración de actividades de acordo coas pautas definidas polos docentes. 40 C14
C15
C16
D1
Proxecto Elaboración dunha estratexia propia orientada ao desenvolvemento de contidos audiovisuais en medios sociais. 40 B1
C14
C15
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso.

Avaliación
global do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias e coñecementos a
través de probas presenciais nas datas oficiais aprobadas polo centro.

Será
preciso obter polo menos un 50% da puntuación total de todas as partes
avaliables para superar a materia.

 

AVALIACIÓN
GLOBAL

O alumnado
deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación
continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin.

A proba de avaliación global realizarase na data e
horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante
deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se
detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha
delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global
deberá dispoñer de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora
oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

Breve descrición das probas:

Proba 1. Proba de exame sobre os contidos teóricos
impartidos na materia. A proba ten un valor do 20% sobre o total da nota sendo
preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta
parte.

Proba 2. Proxecto. Elaboración de
actividades de acordo con as pautas definidas polos docentes. O traballo ten
un valor do 25% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación
mínima do 50% para superar esta parte. O traballo será entregado na data e
horario do exame. O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios
de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez
finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.

Proba 3. Proxecto. Valoración
do proceso e resultado da elaboración dunha estratexia propia orientada ao
desenvolvemento de contidos audiovisuais en medios sociais. O detalle dos
contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados
aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia
expresa á avaliación continua.

Resumo das
probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas:

Proba 1. Proba de exame. Valoración do 20% sobre o
total da nota.

Proba 2. Proxecto.
Valoración do 40% sobre o total da nota.

Proba 3. Proxecto. Valoración do 40% sobre o total da nota.

 

Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima
do 50% en todas as probas para superar a materia. A información sobre as probas
de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de
entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi.

 

 É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia.

 

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

 

O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000