EVALUACIÓN CONTINUA Para aprobar a materia o alumnado debe entregar os 2 traballos nas datas indicadas polos docentes. Aquelas prácticas non entregadas na data indicada sen causa xustificada (causas recollidas o regulamento sobre evaluación, calificación e calidade da docencia aprobadas no claustro do 18 de abril de 2023), se considerarán suspensas e o alumno deberá entregalas na convocatoria de segunda oportunidade. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da evaluaciónn da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. Unha vez publicadas as notas provisionais de cada práctica os docentes fixarán a súas datas de revisión, unha vez transcorridas a nota considérase definitiva. A asistencia é obrigatoria, aqueles alumnos que teñan faltas de asistencia sen xustificar non poderán ser avaliados e constarán como suspenso nesta parte e terán que ir á convocatoria de segunda oportunidade. A asistencia e participación nas sesións supón o 20% da nota. Requisitos para superar a materia -Ter aprobados todos o traballos prácticos -Asistencia e participación en clase A nota final é o resultado das prácticas, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na data oficial do exame o alumno deberá entregar aqueles traballos que teña suspensos. Cada un dos traballos prácticos se valorará sobre un máximo de 10 puntos e supón o 40% da evaluación da materia. É necesario obter unha cualificación mínima do 50% (5 puntos) en cada un dos traballos para aprobar esta parte. A nota final é o resultado das prácticas e a asistencia a clase, non se poderá aprobar a materia con algunha parte suspensa.
EVALUACIÓN GLOBAL O alumnado deberá informar ao docente sobre a súa renuncia ao sistema de evaluación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e asinado (por ambas as partes, alumno e docente) o documento habilitado. Fóra do prazo previsto polo centro o alumnado non podera acollerse a este sistema de evaluación. A proba de evaluación global se realizará na data e horario previstos polo centro no calendario de exames oficial. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de evaluación previstas que se detallan a continuación obtendo unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha delas, en caso contrario non será avaliado e a materia estará suspensa. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a evaluación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Descripción das probas Proba 1. Exame teórico. Se realizará un exame teórico. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega dos dous traballos propostos polos docentes. O conxunto dos traballos (2) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de evaluación serán facilitados aos estudantes de evaluación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á evaluación continua. Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de evaluación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de dúas horas desde o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de evaluación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes desde a renuncia efectiva a súa evaluación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 30% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificaciónn inferior non servirá como media coas outras probas. Resumo das probas e porcentaxe de valoración: Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% sobre o total da nota. Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas. |