O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de
avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, adxuntando cuberto e
asinado o documento habilitado. De non entregar dito documento en tempo e forma, enténdese que tódolos estudantes deciden seguir o sistema de avaliación continua. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de
avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumnado comprobar toda información dispoñible na plataforma e recompilar
a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia Para poder superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima do 50% en cada unha das metodoloxías. De non ser o caso, conlevará o suspenso na materia. Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e criterios establecidos para a primeira oportunidade. Ademáis, será necesario entregar e superar todas as actividades e traballos propostos para aprobar a materia. AVALIACIÓN CONTINUA DA MATERIA Serán aplicadas as porcentaxes e conceptos anteriores (traballo tutelado, resolución de problemas, e observación sistemática). Os traballos deben ser entregados a través da plataforma MOOVI no tempo e forma establecidos por cada docente. Na segunda oportunidade (xullo) aplicaránse os mesmos criterios, ainda que, lóxicamente, a observación sistemática non será reavaliada. AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA O alumnado deberá entregar, antes da data oficial de exame establecida no calendario oficial do centro, a través de MOOVI as tarefas indicadas previamente, coa obligatoriedade de obter unha valoración mínima superior ao 50% de cada unha delas. Os traballos a entregar serán os mesmos que os realizados na avaliación continua pero todos eles deben ser realizados de maneira individual. |