Superada a materia "Práctica laboral e de Seguridade Social", o alumno alcanzará os resultados seguintes: - Coñecemento e comprensión das temáticas e litixios laborais e de Seguridade Social máis comúns. - Destrezas no deseño de estratexias de defensa en litixios laborais e de Seguridade Social. - Destrezas no asesoramento en temáticas laborais e de Seguridade Social - Coñecemento das instancias xudiciais e extraxudiciais competentes en litixios laborais e de Seguridade Social. - Habilidades de actuación ante as instancias xudiciais e extraxudiciais competentes en litixios laborais e de Seguridade Social.