Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Pontevedra
 Materias
  Práctica Penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a asistencia regular do alumnado aos seminarios e a súa participación nos debates que se entablen na clase 20 B5
Exame de preguntas obxectivas
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O alumnado seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
40
Práctica de laboratorio
Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. O alumnado debe dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da asignatura.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado ou avaliada polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 75% das clases presenciais.

Primeira oportunidade de exame: 

1. O alumnado que se somete a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%). 

2. Para o alumnado que non se somete a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.

Segunda oportunidade de exame: 

1. No exame de xullo o alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivera no curso. 

2. Para o alumnado que non se somete a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá
nunha proba teórico-práctica.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000