Tal e como se establece no Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010, o plan de estudos correspondente ao título oficial proposto inclúe un Traballo Fin de Máster orientado á adquisición das competencias definidas na normativa polo que se planificou na parte final do ensino. Conforme á normativa universitaria os ensinos universitarios concluirán coa elaboración e defensa pública do Traballo Fin de Máster (TFM), polo que a materia relativa ao “Traballo de Fin de Máster” impartirase e desenvolverá no primeiro cuadrimestre do segundo curso académico. O seu contido fundamental concrétase, esencialmente, na realización e defensa dun traballo realizado a partir dunha memoria das prácticas, demostrando unha sólida formación no manexo de fontes legais, doctrinais e xrisprudenciais que serven de sustento ás actividades ou estratexias desenvolvidas e conclusións alcanzadas. |