A asistencia ás clases teóricas rexistrarase mediante firma e servirá para mellorar a cualificación final
Para a cualificación final é necesario superar a parte teórica da materia. Non se sumarán as puntuacións de prácticas até superar o exame teórico.
En SEGUNDA OPORTUNIDADE os criterios serán os mesmos que na avaliación contínua.
AVALIACIÓN GLOBAL (Só para alumnos que renuncien expresamente á avaliación contínua) 1) Exame final, ORAL, PÚBLICO E GRAVADO, dun dos temas que integran o temario da materia. 10 preguntas valoradas nun punto cada unha (1 hora de duración) 40%
2) Proba escrita tipo test sobre CONCEPTO e DINÁMICA da opinión pública. (20 preguntas valoradas en 0,5 cada unha) (1/2 hora de duración) 10%
3) Exercicio de reflexión sobre un tema de interese público que se facilitará. (1/2 hora de duración) 10%
4) Deseño dun traballo de investigación sobre un tema de interese con metodoloxías adecuadas á medición da opinión pública. (Entrega o día do exame) 20% |