Exposición da materia teórica con quendas de preguntas e debate no caso de que a materia sexa susceptible.
aproveitaremos tamén as clases para coñecer diariamente noticias da actualidade publicitaria e novidades dos medios de comunicación xa que a cambiante converxencia dos medios audiovisuais fai obrigatorio o coñecemento pormenorizado de todas as novidades que se vaian producindo.
Seminario
Análise e comentarios sobre diferentes cuñas e pezas de audio atendendo á súa estrutura, narrativa e aos recursos técnicos utilizados.
Prácticas de laboratorio
Traballos nos laboratorios de radio para a elaboración de pezas sonoras en grupos. O traballo constará de redacción do texto, produción, edición e exposición de traballo con ampla explicación argumentada.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000