Uso responsable da Intelixencia Artificial (IA)
Permítese o uso de ferramentas de IA nesta materia sempre que se faga dun xeito ético, responsable e transparente. Para iso, o alumnado deberá:
- Empregar a IA como apoio á aprendizaxe, e non como substituto do pensamento crítico nin do traballo persoal.
- Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega, xa que a responsabilidade última da tarefa ou actividade recae, en todo caso, no/a estudante.
- Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo os prompts utilizados e as respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA (7ª edición).
- Evitar o uso da IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliables, etc.), salvo indicación expresa do profesorado.
Lembrar que o uso indebido da IA poderá considerarse unha forma de fraude académico ou conduta académica deshonesta, e será tratado conforme á normativa vixente da UVigo en materia disciplinaria.
A continuación inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase o seguinte criterio:
Na lista de referencias:
OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: "Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel" [IA xerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/
No texto: (OpenAI, 2025). Tamén se pode incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé se é relevante para a comprensión do traballo.
|