Guia docente 2025_26
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de organización e xestión empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización dun traballo en grupo baixo a supervisión da profesora, así como a súa exposición na aula.
A cualificación que obteña cada alumno ou alumna será a correspondente ao traballo grupal, aínda que poderá verse modificada pola súa participación tanto no desenvolvemento do traballo como nos seminarios.
A conformación dos grupos realizarase na primeira sesión de seminario (segundo o calendario oficial) baixo a supervisión da docente. O alumnado que non asista a esta primeira sesión terá de prazo ata a segunda para incorporarse a un grupo, sempre coa aceptación previa da docente.
A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA, polo que para poder obter a puntuación do traballo, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80 % das sesións. No caso de non cumprir este mínimo, a cualificación desta proba será un 0.
10 A1
B3
C15
D2
D3
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas curtas e/ou tipo test que se realizará a metade de cuadrimestre. A data comunicarase a través de Moovi. 40 A1
B3
C15
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas curtas e/ou tipo test que se realizará ao finalizar o cuadrimestre. 40 A1
B3
C15
D5
D6
Autoavaliación Avaliarase a realización das distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi. Non se admite a entrega por ningún outro medio 5 A1
B3
C15
Observación sistemática Valorarase a asistencia e a participación activa do alumnado mediante unha observación cuantificada, co obxectivo de fomentar un traballo regular e constante no desenvolvemento da materia. A puntuación total asignada a este apartado distribuirase proporcionalmente entre o número total de actividades realizadas. 5 A1
B3
C15
D2
D3
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ELECCIÓN DA MODALIDADE DE AVALIACIÓN

O alumnado poderá optar por ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou, alternativamente, por avaliación global. A modalidade que se aplicará por defecto será a avaliación continua. No caso de que o alumnado desexe acollerse á avaliación global, deberá comunicar a súa renuncia expresa á avaliación continua dentro do prazo establecido polo centro, presentando o formulario correspondente debidamente cuberto e asinado.

A elección da avaliación global implica a renuncia a continuar participando nas actividades de avaliación continua pendentes de realizar, así como ás cualificacións xa obtidas en calquera das probas realizadas previamente.


AVALIACIÓN CONTINUA

É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado no caso de non renunciar expresamente á avaliación continua.

Ao longo do curso realizaranse as seguintes probas:

  • Exame de preguntas de desenvolvemento 1 (40%)
  • Exame de preguntas de desenvolvemento 2 (40%)
  • Traballo titorizado (10%)
  • Autoavaliación (5%)
  • Observación sistemática (5%)

Cálculo da nota da materia

Para superar a materia, é imprescindible obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos dous exames de preguntas.

No caso de non acadar esta nota mínima en algún dos exames, a cualificación final que se reflectirá na acta será a menor das dúas obtidas, sen que se sumen o resto dos compoñentes de avaliación.

Se se acada polo menos un 4 en ambos exames, sumaranse as cualificacións obtidas no traballo titorizado, a autoavaliación e a observación sistemática para calcular a nota final.


2ª OPORTUNIDADE

Manteranse as cualificacións obtidas durante o curso nas actividades de avaliación continua: o traballo titorizado, a observación sistemática e a autoavaliación. Estas cualificacións non se poderán modificar nin mellorar.

O alumnado só deberá repetir os exames de preguntas nos que non acadase a cualificación mínima de 4 sobre 10.

O exame correspondente realizarase na data oficial establecida para a avaliación global da segunda oportunidade, segundo o calendario aprobado.


AVALIACIÓN GLOBAL

No caso de renuncia expresa á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante un único exame que suporá o 100% da cualificación da materia.

Dada a extensión da proba, o alumnado que se acolla á avaliación global deberá dispoñer de 3 horas para a súa realización a partir da hora oficial de inicio do exame segundo o calendario oficial.As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade:

https://fcom.uvigo.gal/publicidad-relaciones-publicas/exames-publicidade-e-relacions-publicas/



NON PRESENTADO

O alumnado que non participe nin na avaliación continua nin na avaliación global figurará na acta coa cualificación de "non presentado".


CURSOS SEGUINTES E FIN DE CARREIRA

No caso de non superar a materia durante o curso 2025-26, o alumnado deberá matricularse de novo e adaptarse á guía docente vixente no curso correspondente, sen conservar ningunha das cualificacións obtidas previamente.

Excepción: nos supostos de fin de carreira, aplicaranse os mesmos criterios establecidos para a segunda oportunidade.


RECOMENDACIÓNS

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega será detallada a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumnado estar atento á información publicada e recompilar a información específica e complementaria necesaria para superar a materia.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado:https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000