AVALIACIÓN CONTINUA Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumnado nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e da realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos vencellados á linguaxe publicitaria. Para superar a materia os alumnos teñen que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos tutelados, expoisicións orais) e a proba final. A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. No caso de non realizar todas as tarefas propostas, o alumno non poderá acollerse á avaliación continua e terá que presentarse ao exame final na data establecida polo centro. A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nas diferentes probas. AVISO: A copia ou plaxio de traballos, é dicir, copiar no substancial obras alleas, dándoas como propias, suporá a pérdida do dereito á avaliación continua. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non siga a avaliación continua realizará unha proba final que teráun valor do 100% da nota final. Neste exame haberá unha parte teórica e outra práctica que inclúe tanto exercicios de corrección lingüística, similares aos realizados nas horas prácticas da materia, como a aplicación dos contidos traballados ao longo do curso á análise publicitaria. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia dende unha perspectiva aplicada . As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/publicidad-relaciones-publicas/exames-publicidade-e-relacions-publicas/ SEGUNDA OPORTUNIDADE Se non supera a materia, o alumnado será avaliado en segunda
convocatoria durante o mes de xullo. Neste caso, a avaliación realizarase
mediante un exame, que valerá o 100% da nota final, na data oficial establecida polo centro |