O alumno optará a dous tipos de calificación: avaliación continua e avaliación global O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. 1- Avaliación continua. Aplicaránse as porcentaxes e conceptosanteriores (Exame, Observación sistemática e Proxecto), coas seguintesconsideracións: Aasistencia ás clase e obrigatoria xa que unha das metodoloxías e aprendizase colaborativa (van a traballar con alumnos de outros centros), polo tanto e recomendable asistir os alumnos que escollan avaliación contínua. Na segunda convocatoria (xullo) aplicaránse os mesmos criterios de calificación, aínda que a Aprendizaxe Colaborativa e o Proxecto, non serán re-avaliados, manténdose a calificación da primeira edición. O alumno terá que mellorar o seu calificación mediante un proxecto individual. 2. Avaliación global -De acordo ao establecido no Estatuto do Estudante da Universidade de Vigo, o alumno que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será unha proba única e que terá unha calificación entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Esta modalidade consistirá nunha parte teórica (40% da calificación), e dous prácticas elaboración do proxecto (40% da calificación), e presentación do mesmo (20%). - A parte teórica incluirá preguntas curtas (20% da calificación) e outra parte de desenvolvemento dun tema do programa (20% da calificación).
- A parte práctica consistirá no deseño dun proxecto de videoxogo, sobre un tema proposto polo docente. (40%). Que deberá entregar o día da proba teórica.
- Deberá facerse unha presentación oral do proxecto. (20%), que tera lugar despóis do exame téorico.
Na segunda convocatoria (xullo) aplicaránse os mesmos criterios de calificacións. |